FILO PORÍFEROS
Os poríferos ou esponxas son animais realmente antigos (existen exemplares de fósiles que se remontan ata os 600 millóns de anos). Teñen forma de saco provisto de numerosos orificios, os poros, e unha abertura no extremo superior, o ósculo.
As súas células conservan moita independencia e non forman verdadeiros tecidos. Viven na auga, especialmente en ambientes mariños. Algunhas esponxas teñen esqueleto interno. A esponxa de baño é en realidade o esquelete proteínico dunha esponxa.
FILO CNIDARIOS
Os cnidarios son animais acuáticos, con forma de saco e simetría radial que posúen unha única abertura que serve tanto de boca como de ano. Son diblásticos. Aínda que existen distintos tipos de cnidarios, todos son variacións sobre dúas fórmas básicas: o pólipo tubular (hidras, anémonas e pólipos coralinos), que pasa a súa vida fixo nas rochas; e a medusa, que se deixa arrastrar polas correntes mariñas.
hidra de auga doce
anémona
augamar
FILO PLATHELMINTOS
Os platihelmintos son gusanos planos, sen celoma. Son animais triblásticos. Hainos de vida libre, como a Turbelaria, pero moitos son parásitos, como a Taenia solium, que infesta ás persoas se consomen carne de vaca ou cerdo con quistes de tenia.
Planaria
Tenia
FILO NEMÁTODOS
Os nemátodos son gusanos finos, redondos e blanquecinos, posúen un pseudoceloma cheo de líquido que funciona como un esqueleto hidrostático. Algúns son parásitos importantes, como a Trichinella spiralis, causante da triquinose.
Trichinella spiralis
Trichinella enquistada en el músculo
FILO ANÉLIDOS
Os anélidos caracterízanse porque presentan metamería, é dicir, o corpo dividido en aneis ou metámeros iguais. Esta segmentación non só é externa, senón que tamén afecta a organización interna. Hainos acuáticos e terrestres e algúns son parásitos. O filo inclúe tres clases:
- Poliquetos: son gusanos mariños que teñen moitas quetas (fibras quitinosas) que lles serven como mecanismos de fixación ao substrato, nadan ou se enterran na area.
Nereis
- Oligoquetos: posúen poucas quetas, como a miñoca.
- Hirudíneos: non teñen quetas e si dúas ventosas para fixarse. Como exemplo temos a sambesuga, que é un parásito externo.
Sambesuga
Sambesuga
FILO MOLUSCOS
Son animais de corpo brando cuxo plan anatómico consiste nunha cabeza, un pé e unha masa visceral (conxunto de órganos internos) e un manto que pode segregar unha cuncha calcaria. Hainos acuáticos e terrestres.
- Gasterópodos: teñen unha cuncha reducida cunha soa peza. Como exemplo están os caracois mariños, os de auga doce, terrestres, lesmas...
Caracol mariño
Caracol terrestre
Lesma
- Bivalvos: teñen unha cuncha con dúas pezas articuladas, Como exemplo, as ameixas, os mexillóns, os berberechos...
Mexillón
Ameixa
Berberecho
- Cefalópodos: non teñen cuncha ou esta é interna. Son depredadores mariños cuxo pé está transformado en tentáculos. Exemplos: polvos, luras, xibas...
Polbo
Lura
FILO ARTRÓPODOS
Os artrópodos son os animais máis abundantes do planeta. Teñen metamería e os metámeros, que non son iguais, agrúpanse na cabeza, tórax e abdome; nalgúns casos, as dúas primeiras rexións están soldadas e forman o cefalotórax. Teñen apéndices articulados e un exoesqueleto quitinoso que os protexe e do que se desprenden, para crecer, nun proceso chamado muda. Presentan, xeralmente, metamorfose.
- Insectos: posúen tres pares de patas e, normalmente, un ou dos pares de alas. A capacidade de voar dos insectos distíngueos do resto dos invertebrados e contribuíu ao seu enorme éxito (o número de especies descritas aproxímase ao millón, é dicir, máis de tres veces o número total de especies coñecidas de todas as demais clases de animais xuntos. Exemplos: moscas, formigas, escarabellos, bolboretas, avespas, saltóns...
Abella
Mosca
Xoaniña
Bolboreta
Insecto palo
Saltón
- Arácnidos: arañas, escorpións, garrapatas, ácaros. Teñen oito patas para camiñar e case todos son carnívoros. Algúns, como certas arañas, son velenosos e outros, como as garrapatas, transmiten enfermidades.
Araña
Escorpión
Carracha
Carracha
Ácaro
- Crustáceos: caracterízanse porque cada un dos seus segmentos está equipado cun par de apéndices que desempeñan diversas funcións (natación, ataque, reprodución, alimentación, etc). Exemplos: cangrexos, gambas, percebes...
Cangrexo
Gamba
Percebe
- Miriápodos:
Escolopendra
Cempés
FILO EQUINODERMOS
Os equinodermos son animais deuteróstomos cuxas fases adultas presentan simetría radial. Mesmo os seus nomes comúns (estrelamar, ourizo de mar, lirio de mar e pepino de mar) indican que só viven en ambientes mariños. Baixo a pel posúen un endoesqueleto calcáreo que se proxecta hacia o exterior en forma de protuberancias ou espiñas, moi evidentes no ourizo de mar. Caracterízanse por posuír un exclusivo aparato acuífero ou ambulacral, un sistema de tubos cheos de auga a presión que intervén na locomoción, a respiración e a captura do alimento.
Estrelamar
Estrelamar
Ourizo de mar
Lirio de mar
Pepino de mar
FILO CORDADOS
Todos os cordados son animais que teñen en común os seguintes elementos, polo menos nalgún momento da súa vida: notocorda, un cilindro ríxido e flexible que percorre o corpo e serve de fixación ao músculos; un cordón nervioso que se sitúa en posición dorsal; fendeduras branquiais e cola ao final do corpo.
Clasifícanse en tres subfilos:
- Urocordados, como as ascidias.
Ascidia
- Cefalocordados, como os anfioxos
Anfioxo
- Vertebrados. A característica máis evidente dos vertebrados é que a notocorda transfórmase nunha columna vertebral de cartílago ou óso. A columna sostén o corpo e protexe o cordón nervioso e o encéfalo. Divídense en dous grupos: os Agnatos (sen mandíbulas),como as lampreas; e os Gnatostomados (con mandíbulas).
- Agnatos:
Lamprea
- Gnatostomados: Este grupo podemos dividilo nas seguintes clases:
- Clase Condrictios (peixes cartilaxinosos), como as raias, quenllas...
Raia
Raia
Quenlla
- Clase Osteictios (peixes óseos), como as troitas, salmóns, sardiñas, bonito, linguados, etc
Constitúen o grupo de vertebrados máis importantes en canto ao número de especies.
Sardiña
Troita
- Clase Anfibios, constitúen unha ponte entre a vida terrestre e a acuática, por exemplo, os adultos respiran por pulmóns, as branquias non serven en ambientes terrestres; estes órganos aínda están moi pouco desenvolvidos, polo que necesitan respirar por unha pel que, lóxicamente, ten que ser moi permeable, o que fai a estes animais especialmente vulnerables á contaminación. Dividímolos en Anuros (sen cola), como as ras e os sapos, e Urodelos (con cola), como as píntegas, tritóns...
- Clase réptiles: conseguen independizarse da súa orixe acuática mediante o desenvolvemento dunha pel dura e escamosa e porque son amniotas, é dicir, poñen ovos con casca e amnios, unha membrana chea de líquido amniótico, que asegura que o embrión se desenvolva aínda que estea lonxe da auga.
Exemplos: lagartos, serpes, tartarugas e crocodilos.
Lagarto
Serpe
Tartaruga
Crocodilo
- Clase Aves, cuxo corpo está diseñado para voar: plumas que permiten controlar o vó e ósos ocos que as fan máis lixeiras. Son endotermos. Exemplo: pardal, gaivota, pingüinos..
Pardal
Gaivota
Pingüino
- Clase Mamíferos: pel cuberta de pelo, con glándulas sebáceas; teñen esqueleto óseo. Respiran por pulmóns. As femias teñen glándulas mamarias que segregan leite para alimentar as crías. A maioría son vivíparos. Son endotermos. Inclúe tres ordes: monotremos, marsupiais e placentarios.
- Orden Monotremos: ornitorrinco e equidna.
Ornitorrinco
Equidna
- Orden Marsupiais: canguro, coala...
Canguro
Coala
- Placentarios: morcegos, baleas, chimpancés,...
Morcego
Balea
Morcego
Balea
Chimpancé