martes, 7 de enero de 2020

REINO ANIMAL

REINO ANIMAL


FILO PORÍFEROS

Os poríferos ou esponxas son animais realmente antigos (existen exemplares de fósiles que se remontan ata os 600 millóns de anos). Teñen forma de saco provisto de numerosos orificios, os poros, e unha abertura no extremo superior, o ósculo.
As súas células conservan moita independencia e non forman verdadeiros tecidos. Viven na auga, especialmente en ambientes mariños. Algunhas esponxas teñen esqueleto interno. A esponxa de baño é en realidade o esquelete proteínico dunha esponxa.







FILO CNIDARIOS

Os cnidarios son animais acuáticos, con forma de saco e simetría radial que posúen unha única abertura que serve tanto de boca como de ano. Son diblásticos. Aínda que existen distintos tipos de cnidarios, todos son variacións sobre dúas fórmas básicas: o pólipo tubular (hidras, anémonas e pólipos coralinos), que pasa a súa vida fixo nas rochas; e a medusa, que se deixa arrastrar polas correntes mariñas.


Hydra001.jpg hidra de auga doce
Resultado de imagen de anémona anémona
 augamar



FILO PLATHELMINTOS

Os platihelmintos son gusanos planos, sen celoma. Son animais triblásticos. Hainos de vida libre, como a Turbelaria, pero moitos son parásitos, como a Taenia solium, que infesta ás persoas se consomen carne de vaca ou cerdo con quistes de tenia.


Pseudoceros dimidiatus.jpg Planaria

 Tenia


FILO NEMÁTODOS

Os nemátodos son gusanos finos, redondos e blanquecinos, posúen un pseudoceloma cheo de líquido que funciona como un esqueleto hidrostático. Algúns son parásitos importantes, como a Trichinella spiralis, causante da triquinose.
 Trichinella spiralis
 Trichinella enquistada en el músculo


FILO ANÉLIDOS

Os anélidos caracterízanse porque presentan metamería, é dicir, o corpo dividido en aneis ou metámeros iguais. Esta segmentación non só é externa, senón que tamén afecta a organización interna. Hainos acuáticos e terrestres e algúns son parásitos. O filo inclúe tres clases: 

- Poliquetos: son gusanos mariños que teñen moitas quetas (fibras quitinosas) que lles serven como mecanismos de fixación ao substrato, nadan ou se enterran na area.
 Nereis

- Oligoquetos: posúen poucas quetas, como a miñoca.
 Resultado de imagen de lombriz de tierra Miñoca

- Hirudíneos: non teñen quetas e si dúas ventosas para fixarse. Como exemplo temos a sambesuga, que é un parásito externo.
Resultado de imagen de sanguijuela  Sambesuga


FILO MOLUSCOS

Son animais de corpo brando cuxo plan anatómico consiste nunha cabeza, un pé e unha masa visceral (conxunto de órganos internos) e un manto que pode segregar unha cuncha calcaria. Hainos acuáticos e terrestres. 
- Gasterópodos: teñen unha cuncha reducida cunha soa peza. Como exemplo están os caracois mariños, os de auga doce, terrestres, lesmas...
 Caracol mariño

 Caracol terrestre

 Lesma

- Bivalvos: teñen unha cuncha con dúas pezas articuladas, Como exemplo, as ameixas, os mexillóns, os berberechos...
 Mexillón

 Ameixa
 Berberecho

- Cefalópodos: non teñen cuncha ou esta é interna. Son depredadores mariños cuxo pé está transformado en tentáculos. Exemplos: polvos, luras, xibas...
Resultado de imagen de pulpo Polbo

Loligo vulgaris.jpg Lura

 Xiba


FILO ARTRÓPODOS

Os artrópodos son os animais máis abundantes do planeta. Teñen metamería e os metámeros, que non son iguais, agrúpanse na cabeza, tórax e abdome; nalgúns casos, as dúas primeiras rexións están soldadas e forman o cefalotórax. Teñen apéndices articulados e un exoesqueleto quitinoso que os protexe e do que se desprenden, para crecer, nun proceso chamado muda. Presentan, xeralmente, metamorfose.
- Insectos: posúen tres pares de patas e, normalmente, un ou dos pares de alas. A capacidade de voar dos insectos distíngueos do resto dos invertebrados e contribuíu ao seu enorme éxito (o número de especies descritas aproxímase ao millón, é dicir, máis de tres veces o número total de especies coñecidas de todas as demais clases de animais xuntos. Exemplos: moscas, formigas, escarabellos, bolboretas, avespas, saltóns...


 Resultado de imagen de abeja Abella


 Mosca

 Xoaniña

 Bolboreta

 Insecto palo

 Saltón

- Arácnidos: arañas, escorpións, garrapatas, ácaros. Teñen oito patas para camiñar e case todos son carnívoros. Algúns, como certas arañas, son velenosos e outros, como as garrapatas, transmiten enfermidades.
 Araña
 Escorpión


Resultado de imagen de garrapata        Carracha
Resultado de imagen de acaros Ácaro

- Crustáceos: caracterízanse porque cada un dos seus segmentos está equipado cun par de apéndices que desempeñan diversas funcións (natación, ataque, reprodución, alimentación, etc). Exemplos: cangrexos, gambas, percebes...

 Cangrexo

Resultado de imagen de gamba Gamba



 Percebe

- Miriápodos: 

 Escolopendra

 Cempés


FILO EQUINODERMOS

Os equinodermos son animais deuteróstomos cuxas fases adultas presentan simetría radial. Mesmo os seus nomes comúns (estrelamar, ourizo de mar, lirio de mar e pepino de mar) indican que só viven en ambientes mariños. Baixo a pel posúen un endoesqueleto calcáreo que se proxecta hacia o exterior en forma de protuberancias ou espiñas, moi evidentes no ourizo de mar. Caracterízanse por posuír un exclusivo aparato acuífero ou ambulacral, un sistema de tubos cheos de auga a presión que intervén na locomoción, a respiración e a captura do alimento.

Resultado de imagen de estrella de mar  Estrelamar

 Ourizo de mar
Colorful crinoids at shallow waters of Gili Lawa Laut.JPG Lirio de mar
 Pepino de mar


FILO CORDADOS

Todos os cordados son animais que teñen en común os seguintes elementos, polo menos nalgún momento da súa vida: notocorda, un cilindro ríxido e flexible que percorre o corpo e serve de fixación ao músculos; un cordón nervioso  que se sitúa en posición dorsal; fendeduras branquiais e cola ao final do corpo.
Clasifícanse en tres subfilos:
- Urocordados, como as ascidias.

 Ascidia

- Cefalocordados, como os anfioxos
 Anfioxo

- Vertebrados. A característica máis evidente dos vertebrados é que a notocorda transfórmase nunha columna vertebral de cartílago ou óso. A columna sostén o corpo e protexe o cordón nervioso e o encéfalo. Divídense en dous grupos: os Agnatos (sen mandíbulas),como as lampreas; e os Gnatostomados (con mandíbulas).

         - Agnatos:
 Lamprea

          - Gnatostomados: Este grupo podemos dividilo nas seguintes clases:

- Clase Condrictios (peixes cartilaxinosos), como as raias, quenllas...

Resultado de imagen de raya de mar Raia


 Quenlla

- Clase Osteictios (peixes óseos), como as troitas, salmóns, sardiñas, bonito, linguados, etc
Constitúen o grupo de vertebrados máis importantes en canto ao número de especies.



 Sardiña
 Troita

- Clase Anfibios, constitúen unha ponte entre a vida terrestre e a acuática, por exemplo, os adultos respiran por pulmóns, as branquias non serven en ambientes terrestres; estes órganos aínda están moi pouco desenvolvidos, polo que necesitan respirar por unha pel que, lóxicamente, ten que ser moi permeable, o que fai a estes animais especialmente vulnerables á contaminación. Dividímolos en Anuros (sen cola), como as ras e os sapos,  e Urodelos (con cola), como as píntegas, tritóns...

 Ra
 Sapo

 Resultado de imagen de salamandra Píntega


- Clase réptiles: conseguen independizarse da súa orixe acuática mediante o desenvolvemento dunha pel dura  e escamosa e porque son amniotas, é dicir, poñen ovos con casca e amnios, unha membrana chea de líquido amniótico, que asegura que o embrión se desenvolva aínda que estea lonxe da auga.
Exemplos: lagartos, serpes, tartarugas e crocodilos.
 Lagarto
Aspisviper 01.jpg Serpe

 Tartaruga
 Crocodilo



- Clase Aves, cuxo corpo está diseñado para voar: plumas que permiten controlar o vó e ósos ocos que as fan máis lixeiras. Son endotermos. Exemplo: pardal, gaivota, pingüinos..
 Pardal
 Gaivota
Resultado de imagen de pinguino Pingüino

- Clase Mamíferos: pel  cuberta de pelo, con glándulas sebáceas; teñen esqueleto óseo. Respiran por pulmóns. As femias teñen glándulas mamarias que segregan leite para alimentar as crías. A maioría son vivíparos. Son endotermos. Inclúe tres ordes: monotremos, marsupiais e placentarios.
- Orden Monotremos: ornitorrinco e equidna.
 Ornitorrinco
Resultado de imagen de Equidna Equidna

- Orden Marsupiais: canguro, coala...
 Canguro
 Coala

- Placentarios: morcegos, baleas, chimpancés,...
Resultado de imagen de murciélago Morcego

 Imagen relacionada Balea

 
 Resultado de imagen de chimpancé Chimpancé